18 ene. 2017

ESTAMPACIÓNS COAS NOSAS MANS

Onte fixemos uns fantásticos debuxos a partir da estampación das nosas mans. Nesta actividade os nenos/as estamparon as súas mans ao revés, para poder compoñer o corpo dos dinosaurios. 
Estamos feitos uns artistas!!

12 ene. 2017

COMEZAMOS: OS DINOSAURIOS

Xa estamos de volta!!!
Esta semana eleximos entre todos o tema que queríamos traballar. Os resultados da votación foron os seguintes: Os piratas (1voto), A bolboreta (2votos) e Os dinosaurios (5votos). Así que o tema escollido pola maioría foi "OS DINOSAURIOS"
Na asamblea fomos compartindo o que cada nen@ sabía do tema, Que sabemos?
- Viven na terra, no aire e na auga (Alicia)
- Viviron fai miles de anos (Lúa)
- Extinguíronse por un terremoto ( Eva)
- Non, por un volcán que ten lava (Hugo E.)
- Son carnívoros e tamèn herbívoros (Eva)
- Son moi grandes (Hugo R)
Una vez que recollimos as súas ideas previas anotamos o Que queremos saber?
- As partes do seu corpo.
- Os nomes e características .
- A súa extinción.
- A súa alimentación.
- Como son por dentro os pinchos de estegosaurio...
Para comenzar , escribimos unha carta para pedir información ás familias e a fotocopiamos para levala tod@s

  Para finalizar fixemos un debuxo sobre as ideas previas que tiña cada un. Continuará...


22 dic. 2016

NADAL CON PHOTOCALL

Como están tan de moda os Photocall no noso cole os maiores,coa axuda e guía da profe Fátima, diseñaron un para este Nadal . A verdade é que quedou moi chulo e os peques pasárono moi ben facendo estas fotos. Así de guapos posaron...



20 dic. 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Chegou o gran día do noso Festival de Nadal. Os nenos e nenas de infantil tiñamos preparado una panxoliña "Árbore de Nadal" e a canción "O gato" de Susa Herrera , a verdade é que o fixemos fenómenal!! Dende aquí queremos dar as grazas as nosas familias por acompañarnos neste día, cheo de nervios , e  agardamos que disfrutarades das nosas actuacións . Aquí imos deixando algunhas imaxes , pero haberá máis 🤗 Como sempre captando os mellores momentos!!!




Por suposto que non podía faltar unha visita tan xenial 🎅







16 dic. 2016

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

Hoxe, pola mañá, saímos à Casa da Cultura na Cañiza para participar  nunha videoconferencia con Papá Noel. Estabamos moi nerviosos e con moitas gañas de pedirlle os nosos agasallos.
Aquí vos deixamos as fotos desta xornada tan máxica.






14 dic. 2016

ADORNOS DE NADAL

Os peques, durante estes días, estivemos ben atareados coa decoración Navideña. Fixemos diferentes adornos : 
Boliñas de Nadal coas nosas fotos, gomets e un pouco de purpurina. Xa listas para ser colgadas.
Papá Noel cun cd, cartulina vermella, ollos e moito,moito algodón para a súa barba e gorro.
E non podía faltar o seu reno Rudolf con témpera marrón para as nosas mans, un pouquiño de cartulina,ollos e pompóns de cor vermella para a súa nariz peculiar e brillante.

E así de chulis nos quedaron!!








Ágora xa lucen ben bonitiños no noso mural da entrada do cole!!. O último día os levaremos para casa e os colgaremos na nosa árbore de Nadal.



13 dic. 2016

REIS E RAÍÑAS: RETRATOS

Os reis e as raíñas son as persoas máis importantes da Sociedade Medieval. Todos os nobres e cabaleiros están ao seu servizo. Son os donos do castelo, con grandes riquezas e moito poder. Levan coroas de ouro e pedras preciosas. 
Aquí vos deixamos algúns retratos que fixemos dos reis e das raíñas utilizando unha plantilla. Quedaron moi chulis!!


11 dic. 2016

XOGA COS PERSONAXES DO CASTELO



Outra das actividades que levamos a cabo estes días foi xogar con diferentes recursos na PDI. Encontramos un traballo estupendo no blog de ACTIVIDADES LIM feito por Maica e Patri , dende aquí queremos agradecerlles que compartan estes estupendos recursos que tanto nos serven para xogar e aprender.
Mirade que ben o facemos!!



Premede aquí para poder xogar


p

9 dic. 2016

BANQUETE MEDIEVAL : CASTELOS DE GALLETAS

Esta mañá cociñamos "Castelos de galletas" e, como estamos inmersos no mundo dos castelos, que mellor que celebrar un banquete medieval e poder degustar tan saboroso manxar. 
Por suposto que non podía faltar música da época.



Pásamolo xenial!!!

7 dic. 2016

CONTOS DE PRINCESAS

Aquí deixamos unhas recomendacións duns contos, de princesas que rompen cos estereotipos, que estivemos a traballar na aula dentro  do noso proxecto.
Comezamos , como non podía ser doutra maneira , cun dos nosos libros favoritos , "¿Hay algo más aburrido que ser una princesas rosa?" de Raquel Díaz Reguera e editado por Thulé ediciones.






Outro conto divertido e diferente é o de  "Las princesas también se tiran pedos" de Ilan Brenman e Ionit Zilberman. Editorial Algar.





Esperemos que os disfrutedes tanto coma nós
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...